|
| |
|
| |
|
PROGRAMACIÓN SEMANA SANTA E PASCUA DE PARADELA 2008
Comezaremos a celebración coa Bendición de Ramos ás 12:00 horas no Campo do Outeiro. A continuación escenificación da ENTRADA TRIUNFAL DE XESÚS EN XERUSALEM. Procesión ata a igrexa acompañada pola BANDA MUNICIPAL DE MEIS e de seguido misa cantada polo CORO PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE PARADELA.
Os actos litúrxicos comezarán ás 19:30 horas; ó seu remate no adro da igrexa escenificación da ÚLTIMA CEA DE XESÚS; procesión ata o Campo do Outeiro para a representación da ORACIÓN DE XESÚS NA HORTA DAS OLIVEIRAS E PRENDEMENTO. Xa de novo no adro, XUIZO DO SANEDRÍN.
Ás 11:00 horas escenificación das derradeiras horas de vida de Xesús, tamén no adro da igrexa, O CAMIÑO DO CALVARIO COA CRUZ ATA O MONTE DA CROA; CRUCIFIXIÓN E DESPEDIDA DE MARÍA VIRXE E DAS SANTAS MULLERES. Pola tarde, ás 19:00 horas serán os actos litúrxicos e posterior reparto das velas. Ás 20:00 horas terá lugar no Monte da Croa o DESENCRAVO E DESCENDEMENTO DE XESÚS. Seguidamente PROCESIÓN DO SANTO ENTERRO acompañada pola BANDA DE MÚSICA A VERTULA DE PARADELA.
MISA DE RESURRECCIÓN
ÁS 23:00 HORAS. Bendición da
auga e do lume. Ó rematar, degustación gratuíta da ROSCA DE PASCUA.
Ás 12:00 horas escenificación da RESURRECCIÓN DE XESÚS no adro da igrexa. A continuación SANTA MISA cantada pola CORAL XUNTANZA XOVEN DE MEIS. Procesión de Resurrección acompañados pola BANDA MUNICIPAL DE MEIS. Remate de Festas cunha gran verbena amenizada polas orquestras:
| |